Programa

Vía Galega conmemora o centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo

A plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza Vía Galega celebra os 100 anos da Asemblea Nacionalista de Lugo cun programa de actos que terán lugar este domingo na cidade da muralla.

Detalle do Manifesto de Lugo
photo_camera Detalle do Manifesto de Lugo

Vía Galega, a plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, conmemora o centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo cun completo programa de actos que decorrerán o domingo, día 18 de novembro, na cidade de Lugo.

Vía Galega quere así poñer o foco nun feito que considera “central” na reivindicación de Galiza como “suxeito político” e na reclamación “da súa soberanía”.

Cen anos despois da asemblea que marcou o inicio do nacionalismo galego, a plataforma aprobará a “Carta de Dereitos do Pobo Galego”.

Os actos comezarán ás 10.45 horas, coa benvida ás persoas asistentes, no IES Lucus Augusti (Avda. Rodríguez Mourelo, s/n).

Entre as 11 e as 12.45 horas desenvolveranse as intervencións, amenizadas con música, e darase lectura á citada carta.

Ás 13 horas terá lugar a ofrenda floral no Hotel Méndez Núñez (rúa da Raíña, 1) e ás 13.15 horas a Muralla de Lugo acollerá a lectura de textos e mais o acto reivindicativo.

Fecharase o programa ás 14 horas coa interpretación do Himno nacional.

Comentarios