Versos de "A Xustiza pola man" nas camisetas do BNG en conmemoración do 180 aniversario de Rosalía

Esta sexta feira 24 de febreiro é o 180 aniversario de Rosalía, a grande poeta e símbolo nacional da Galiza. O grupo parlamentar do BNG rendeulle esta terza tributo cunha foto conmemorativa.

Foto conmemorativa 180 anos nacemento de Rosalía (1)

Un dos poemas de maior compromiso social de Rosalía, A Xustiza pola Man, foi o texto eleito polas parlamentares do BNG, que vestían camisetas en que se podían ler versos da célebre composición, para homenaxear a autora fundadora da literatura nacional galega.

En comunicado de imprensa, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, non deixou pasar a oportunidade de reclamar o uso "civil e laico" do Panteón de Galegos Ilustres, en que se acha o sepulcro da poeta, un espazo virtualmente secuestrado pola Igrexa católica.

Pontón ve un "paradoxo" no feito de que sexa a institución que lle negou a "oración" a Rosalía cando os seus restos foron trasladados a Bonaval, en 1891, "a mesma que teña agora as chaves do Panteón que os garda e o dereito de admisión para a homenaxear"

Comentarios