Vence sinala que as enquisas debuxan “un escenario aberto”

O portavoz nacional do BNG confía en “superar con creces” os resultados das sondases publicadas. 

Vence 17M en Vigo (Foto: GZFoto)
photo_camera Vence xunto a Serafín Otero no 17M en Vigo (Foto: GZFoto)


O portavoz nacional do BNG-Asambleas Abertas, Xavier Vence, mostrouse este domingo tranquilo polos resultados das enquisas e asegurou que amosan “un escenario aberto” de cara ás eleccións municipais do 24 de maio. Vence afirmou que as candidaturas nacionalistas seguen traballando en explicar o seu proxecto para os concellos ante o elevado número de persoas indecisas. 

"O BNG-Asambleas Abertas vai ter presenza en todas as corporacións e imos ter o goberno de moitas alcaldías importantes na nosa nación”, dix

“Hai moita xente que é consciente e apreza que alí onde goberna o BNG os concellos son transparentes e honestos, capaces de dinamizar o tecido económico local, comprometidos coa cultura e coa xente moza”, manifestou o portavoz nacionalista, antes do comezo da manifestación en Vigo polo Día das Letras Galegas.

Por ese motivo, Vence asegurou que dentro das candidaturas do BNG “estamos confiados en que imos superar con creces o que hoxe poñen de manifesto as enquisas”. Sinalou que as sondaxes mostran ademais que existe unha alternativa nacionalista ao PP.

"O BNG-Asambleas Abertas vai ter presenza en todas as corporacións e imos ter o goberno de moitas alcaldías importantes na nosa nación”, dixo.

Comentarios