sábado 29.02.2020

Vence pide a Feijóo que deixe de ‘’abrazar o catecismo da FAES’’ e defenda o país

O portavoz nacional do BNG afirma que co goberno central do PP gañan ‘’a banca, as grandes construtoras, os oligopolios’’ e perden ‘’Galiza e as maiorías sociais’’. Vence pide a Feijóo que deixe a "sumisión" perante o "centralismo radical aznarista".

Xavier Vence
Xavier Vence

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, reclamou ao presidente da Xunta que deixe de abrazar o ‘catecismo da FAES’ e que defenda Galiza e os seus sectores produtivos. Un emprazamento que Vence lle fixo na súa comparecencia desta segunda feira para analisar as últimas medidas do goberno de Mariano Rajoy. Un executivo que, declarou, continúa gobernando “a golpe de BOE” a favor dos lobbies e e das grandes empresas “amigas” do PP e en contra dos intereses de Galiza e da maioría social.

O último exemplo, sinalou o voceiro do BNG, o Real decreto de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade eeficiencia que acaba de entrar en vigor. Un real decreto que “contén medidas de privatización, de ataque ao público de centralización e grandes agasallos as empresas amigas do PP e dos lobbies, en particular dos rexistradores da propiedade amigos de Rajoy”.

Desta forma, proseguiu Vence, gañan as grandes superficies, o oligopolio do gas, as grandes construtoras que se beneficiarán da privatización de AENA, a banca e os rexistradores da propiedade que comparten gremio co presidente do Estado a cambio de privatizar o rexistro civil. Por contra, perde Galiza, a maioría social, o comercio local, as Pemes e o consumidor.

Neste contexto, Vence reclama a Feijóo “menos ideoloxía no nefasto campus da FAES, menos declaracións de submisión a ese centralismo radical aznarista, menos ataque ao nacionalismo e máis defensa dos intereses de Galiza”.

comentarios