Xavier Vence insta a mocidade a non renderse

O portavoz nacional do BNG chama @s moz@s galeg@s a pelexar "polo dereito a traballar na súa terra" e subliña a vixencia das figuras de Rosalía e Castelao nun acto de homenaxe organizado por Galiza Nova

"Non aceptedes nunca que vos neguen o dereito a vivir e traballar na vosa Terra", salientou Xavier Vence no acto de homenaxe que as xuventudes do BNG organizan cada ano a Rosalía e Castelao. 

Vence instou á mocidade a conquerir a soberanía nacional para procurar as políticas que máis lle conveñan ás mozas e mozos galegos

Após a leitura da obra de dúas das figuras máis relevantes do pensamento político galego, o portavoz nacional da organización frontista instou á mocidade galega a non se render e a loitar "polo dereito a traballar na súa terra" fronte a "falacia da mobilidade exterior", denunciou o voceiro do Bloque, que difunde a ministra española de Traballo. 

Para o portavoz nacionalista o pensamento de Rosalía e Castelao fica en "plena vixencia" pois, "as súas reivindicacións" e "demandas" mantéñense na actualidade. Cuestión que salientou o secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera. 

"Cando Rosalía fala da emigración nos seus poemas, está a describir un drama social moi similar ao que hoxe padece a xente moza deste país", indicou Mera, no que "72 mozos e mozas marchan cada día expulsadas".

Alberte Mera salientou a vixencia do pensamento rosaliano do que dixo describe "un drama social moi similar ao que hoxe padece a mocidade deste país"

Para o secretario xeral de Galiza Nova é "a política económica do PP" a responsábel de que a mocidade galega non teña "máis alternativa que facer as maletas e marchar" polo que chamou á xente moza a se rebelar e organizarse. 

O acto contou coa participación de divers@s persoeir@s da cultura e o deporte do país como o cantautor Tino Baz e Sés ou o actor César Cambeiro. A homenaxe rematou cunha ofrenda floral ao pé dos sepulcros de Rosalía e Castelao @s que a mocidade do BNG quixo recoñecer a súa inestimábel contribución o pensamento nacionalista galego. 

Comentarios