Vence cuestiona Podemos por apelar á "unidade popular" e á vez dividir as forzas alternativas

A candidatura de unidade ao Congeso continúa a ser o monotema da política galega. Inquerido pola imprensa, o portavoz nacional do BNG lanzou esta quinta feira un mísil dialéctico a Podemos.

Xavier Vence
photo_camera Xavier Vence


"Hai unha forza estatal que fala moito de unidade popular e o único que está é dividindo as alternativas de esquerda e, nalgúns casos, do nacionalismo", dixo Vence aos meios durante unha conferencia de imprensa convocada após manter un encontro cos responsábeis da Fundación Amigos de Galicia.

Esa forza estatal naturalmente é Podemos, aludida só de forma implícita polo líder do BNG, quen ve incoherente que o partido podemita apele "á unidade popular" no seu discuro e que, porén, na práctica se dedique a "dividir" as forzas políticas alternativas.

"O discurso co que algúns se lles enche a boca sobre a unidade popular se traduce nunha estratexia de división das alternativas ao bipartidismo e, con respecto a Galiza, temos claro que a proposta dunha candidatura galega de unidade é máis oportuna ca nunca", dixo.

Alén do máis, o portavoz da organización frentista reiterou que o BNG está por "sumar para ter non unha candidatura estatal, senón unha candidatura galega".

Comentarios