Vence carga contra Feijóo por apenas falar en galego en campaña

Na semana do 17M, o BNG dirixe as súas baterías dialécticas a un Feijóo ao que pinta como galegófobo.

Xavier Vence, candidatos A Mariña, municipais2015
photo_camera Vence, con candidat@s da Mariña


“O último insulto que podía recibir este país é ver o presidente da Xunta facer campaña fundamentalmente en español, porque un presidente que renuncia, que despreza a lingua é un presidente que despreza Galiza, os galegos e as galegas”, afirmou Vence esta mañá na Mariña, durante un acto de campaña en Mondoñedo. “Vímolo nos mitins de Betanzos, Mugardos, Ferrol, Redondela..., dando mostras ostentosas de desprezo a nosa lingua”, subliñou.

A galegofobia de Feijóo, segundo o retrato que pinta Vence, correspóndese cun dirixente político que logo fai “sistemática deixación de funcións na defensa dos intereses do país fronte a Madrid e Bruxelas”.

Vence enfatiza que o proxecto nacionalista non precisa ser apadriñado "nen desde Génova, nen desde Ferraz nen desde a Complutense"

A alternativa, defendeu, sería un “un proxecto nacionalista de xente que teña o corazón e a cabeza aquí e que non se achante na defensa do noso”, salientou durante un acto con candidatas e candidatos de BNG-Asembleas Abertas na Mariña para reivindicar mellores infraestruturas para comarca.

Nese encontro, enfatizou que o proxecto nacional no que acredita o BNG é aquel que poñen en pé “as galegas e os galegos” e que non precisa de ser “apadriñado” desde Génova, Ferraz ou a Complutense, en alusión a PP, PSOE e Podemos.

Comentarios