REIVINDICA QUE "GALIZA EXISTE"

Vence apela a "unha nación unida" o Día da Patria

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, apelou a "unha nación unida" o Día da Patria, co fin de reivindicar que Galiza "existe".

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, fixo un chamamento a unha "nación unida" o Día da Patria. Así, a través dun comunicado de prensa, expresou o desexo de que as persoas que comparten as aspiracións de Galiza como nación converxan "con forza e unidade" o 25 de xullo.

Nesta liña, Vence puxo de manifesto que espera que o Día da Patria sexa singular para poder "defendernos, gobernarnos e termos un futuro como país". Como exemplo da necesidade de ser Galiza un país libre e soberano, Vence aludiu ao sector leiteiro e ao agro. Reclamou ao respecto ferramentas que invertan a situación do peche de explotacións e da venda de leite a baixos prezos.

Así, o portavoz nacional do BNG fixo fincapé na maneira en que prexudican a Galiza as políticas da UE e do Goberno central e criticou a submisión da Xunta. As tres institucións, sinalou, e están acabando co sector produtivo e coa creación de emprego.

Comentarios