O PSdeG defende a política enerxética da UE

Formoso aposta polo impulso das enerxías renovábeis

O presidente da Deputación da Coruña e secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou onte o potencial da Galiza na produción de enerxías renovábeis e defendeu un modelo de "participación pública par un asunto estratéxico como é o da enerxía".
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha foto de arquivo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha foto de arquivo. (Foto: Nós Diario)

O presidente da Deputación da Coruña e secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou onte o potencial da Galiza na produción de enerxías renovábeis e defendeu un modelo de "participación pública par un asunto estratéxico como é o da enerxía". Formoso considerou necesario "seguir apostando polas enerxías limpas e renovábeis, que ademais nos permitan depender de fontes de enerxía procedentes de países convulsos politicamente". 

Fíxoo na inauguración do seminario 'As políticas enerxéticas das entidades locais: novos escenarios', organizado pola Cátedra de Dereito Local da Deputación e a Universidade da Coruña. 

"Temos que ser conscientes de que a factura enerxética é un dos grandes asuntos que agora mesmo preocupa, xa non só ao eido local, senón á sociedade", explicou o presidente provincial, que lembrou que "están a acreditarse moitos dos fallos de planificación e xestión pública dos últimos anos".

Formoso eloxiou a aposta da Unión Europea polas enerxías renovábeis, "que acerta, e acerta tamén o Goberno de España, claramente cunha visión de futuro, que queda aínda máis acreditada co que estamos vendo coa guerra", afirmou. 

'Non toca falar de candidato'

Pola súa parte, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Laxe, en resposta a preguntas da prensa, argumentou  onte que o seu partido está "centrado a 100%" en preparar as mellores candidaturas para as eleccións municipais e "non toca" falar do seu candidato aos comicios galegos.

Comentarios