“Varrámolos!”: A esquerda independentista enceta a campaña para o referendo do 1-O en Catalunya

Chaman á mobilizacións e á desobediencia para garantir o dereito a votar nesa xornada fronte os intereses “das forzas conservadoras do Estado e das elites españolas e catalás”.

CUP esquerra independentista

CUP e outras organizacións da esquerda independentista catalá - SEPC, Arran, Endavant, COS e Alerta Solidària – presentaron a campaña de cara ao referendo do 1 de outubro, unha campaña que baixo o lema "Escombrem-los!" (Varrámolos!) presenta un mapa dos Países Cataláns cunha rapaza que vasoira en man varre fóra do territorio Artur Mas, Jordi Pujol, Mariano Rajoy, Aznar, José María Aznar, Filipe VI,  Florentino Pérez ou o toureiro Juan José Padilla, entre outros.

CUP catalunya referendo campaña

O referendo non trá lugar senón hai mobilización popular e desobediencia ao Estado español, indica a esquerda independentista, que sitúa as votacións do 1-O como un paso para abrir un proceso constituínte do que naza a “República dos Països Catalans socialista e feminista". A campaña presentouse diante da Cámara de Comercio de Barcelona, un “espazo de poder económico e político” a combater. No acto tomaron a aplabra Mar Ampurdanès (Arran) e Laura Gisbert (SEPC), e contou coa presenza das deputadas da CUP Anna e Mireia Vehí.

Gráficamente, este cartaz de campaña inspírase nos pósteres clásicos soviéticos, en concreto nun no que aparece Lenin varrendo zarismo, burguesía e a igrexa.

Comentarios