Valentín González Formoso cancela a súa axenda após dar positivo en Covid

Valentín González Formoso (Foto: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera Valentín González Formoso (Foto: M. Dylan / Europa Press).

O secretario xeral do Partido Socialista da Galiza (PSdeG), Valentín González Formoso, informou de que cancela o acto que tiña previsto para esta terza feira en Vigo, así como a súa axenda pública para os vindeiros días, xa que deu positivo en Covid-19.

O PSdeG informou do contaxio do tamén presidente da Deputación da Coruña, que se traducirá nun parón na súa actividade pública durante os vindeiros días.

Formoso tiña previsto esta terza feira manter unha reunión co alcalde de Vigo, Abel  Caballero, e coa presidenta da  Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, para abordar a problemática suscitada coa sede do Instituto Español de Oceanografía.

Comentarios