Valentín Formoso e Goretti Sanmartín, presidente e vicepresidenta da Deputación da Coruña

A corporación provincial conformouse entre chamados á disolución destas insititucións.

Deputación da Coruña

Esta quinta feira (16 de xullo) ficou constituída a nova corporación provincial da Deputación da Coruña. Após o acordo alcanzado entre PSdeG e BNG será o socialista Valentín Formoso quen presida a institución e a nacionalista Goretti Sanmartín quen asuma a vicepresidencia. 

O goberno de coligazón foi apoiado tamén pol@s edís da Marea Atlántica (3), Compostela aberta (1) e Alternativa dos Veciños de Oleiros (1). Pola súa banda, o Partido Popular propuxo o seu propio candidato sendo que Diego Calvo finalmente asumirá a portavocía do seu grupo como forza da oposición. 

Na sesión de investidura, na que non houbo sorpresas, si houbo tempo para as reivindicacións a comezar pola defensa dunha maior presenza das mulleres na composición da institución. E é que só hai 5 deputadas provinciais nun órgao composto por 31 persoas. Da mesma maneira o edil de Compostela Aberta, Manuel Dios, prometeu o seu cargo agardando que se trate da "última" corporación. Algo que tamén lembrou a vice-presidenta. Goretti Sanmartí subliñou a posición do seu grupo cuxo obxectivo é suprimir estas institucións. 

O acordo entre PSOE e BNG tamén se extenderá á Deputación de Pontevedra

Pola súa banda, @s deputad@s do BNG lembraron distintas persoas vencelladas ás Irmandades da Fala á hora de tomaren posesión dos seus escanos. 

O acordo de goberno suscrito por BNG e PSOE prevé o adelgazamento do ente provincial e a redución das súas competencias. Un feito que tamén se contempla no caso da Deputación de Pontevedra onde xa foi presentado o pacto de goberno que deixará en mans da socialista Carmela Silva a Presidencia e en César Mosquera (BNG) a Vicepresidencia. 

Comentarios