"Este vai ser un escano compartido para defender Galiza e Euskal Herria"

Josu Juaristi, eurodeputado de EH Bildu, xa está plenamente operativo no Parlamento europeu. En conversa con Sermos Galiza, afirma que o escano gañado pola coligación Os Pobos Deciden, partillada co BNG, vai ser un "escano compartido".

Josu Juaristi en entrevista
photo_camera Foto: H.V.

"Vai ser un escano compartido. Eu vou ser o eurodeputado vasco e Ana [Miranda] vai ser a eurodeputada galega. Desde o primeiro minuto do partido, imos actuar dese modo, defendendo os intereses da xustiza social, da maioría, desde unha posición moi firme contra as posicións da Troika", anuncia Josu Juaristi (1964).

Na entrevista con Sermos Galiza, Juaristi aborda distintas cuestións, desde a crise do réxime do 78 até o proceso de pacificación que se vive en Euskal Herria. Cre que a chave para conquistar a soberanía pasa por que exista suficiente impulso social: "Eu creo que a chave está e segue estando na forza que se fai de abaixo a arriba. En Catalunya esa forza é imparábel". Aínda non o é tanto en Euskal Herria, reflicte Juriasti, o que explica por que o PNV, a diferenza de Convergència, non está aínda en posicións independentistas. "Temos que empurrar máis, ou o conxunto da sociedade ten que empurrar máis", afirma.

"Eu creo que a chave está e segue estando na forza que se fai de abaixo a arriba"

Sobre o proceso de pacificación, ten claro que o Estado español "lle ten medo á paz" porque "a todas luces podería non desexar un proceso de paz e resolución en clave democrática".

A versión íntegra da entrevista, unha dupla páxina, podes atopala no número 103 de Sermos Galiza, na nosa loxa e nos quiosques do país.

Comentarios