Urkullu convoca consello extraordinario e todo aponta a que anunciará eleccións para o 12 de xullo

As eleccións galegas e vascas coinciden na data desde 2009. Núñez Feixoo xa sinalou que optaba porque os comicios tamén coincidisen nesta ocasión. 
Urkullu debate hoxe cos partidos pór os comicios en xullo.
photo_camera Iñigo Urkullu

O presidente, Iñigo Urkullu, convocou un Consello extraordinario de Goberno vasco hoxe segunda feira ás 13 horas e, máis tarde, ás 15 horas, comparecerá publicamente, probabelmente para anunciar eleccións para o 12 de xullo.

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Núñez Feijxoo, dixo este domingo que convocará eleccións "máis cedo que tarde" porque teñen que celebrarse "de inmediato" para evitar un rebrote da COVID-19. As  eleccións en Galiza e Euskadi coincidiron sempre nesta última década, incluída a data do 5 de abril, as citas coas urnas que tiveron que pospoñerse por mor da pandemia.

Ambas convocatorias (Consello e comparecencia do lehendakari) no País Vasco coñecéronse ás 9:30 desta mañá.

Todo apunta a que Urkullu anunciará eleccións para o 12 de xullo, unha vez escoitados os partidos políticos nunha reunión do 14 de maio, un requisito establecido por Urkullu no decreto do 17 de marzo, que anulou as eleccións do 5 de abril.
 

Comentarios