Na Radio Galega e na TVG, UPyD terá máis tempo de espazos gratuítos que o BNG

Nos spots gratuítos, a formación liderada por Rosa Díaz terá máis cobertura nos medios públicos galegos que o Bloque, 15 minutos fronte ao 10 minutos da fronte nacionalista para toda a campaña. Un ''atraco democrático'' en palabras da candidata Ana Miranda. Vídeo no interior do espazo do BNG.

bng censura

UPyD segue adiante coa súa obsesión co BNG. Non importa que a Xunta electoral da Coruña non lle dese a razón no seu recurso co que quería excluír o BNG da información electoral nos medios públicos. A formación 'maxenta' de Rosa Díaz (“esa nova falanxe rosa” en palabras do Bloque) presenta un novo recurso, desta vez perante a Xunta Electoral Central. Para a candidata nacionalista, Ana Miranda, hai un empeño en “amordazar e borrar” ao BNG dos medios públicos galegos, tanto nos espazos electorais gratuítos como na propia cobertura informativa da RTVG, nunha ''conivencia'' sen precedentes que o Bloque cualifica de “atraco democrático”.

“Nos espazos de propaganda gratuítos, UPyD terá máis cobertura nos medios públicos galegos que o BNG, 15 minutos fronte ao 10 minutos do Bloque para toda a campaña”

“Estamos ante un ataque antidemocrático perpetrado por esta alianza, por esta entente, por este duo que forman a Xunta Electoral con UPyD, esa nova falanxe rosa. Pero non nos van calar”, denuncia Miranda.

Que se posicionen PSOE e PP

Miranda fixo un chamamento a PP e PSOE a que se pronuncien sobre se consideran que unha forza política con 14.418 votos como UPyD ten dereito a máis espazos gratuítos da RTVG do que outra que obtivo o respaldo de 103.724 galeg@s. Non é debalde esa referencia aos 2 grandes partidos, pois a XEC está elixida polos dous grandes partidos

A candidata do Bloque nas eleccións do 25M fixo un chamamento a toda a militancia e simpatizantes “e a xente de ben” para que denuncien esta situación nas redes sociais, nos espazos públicos e privados no que podan expresarse, “porque igual que queren calar a cidadanía que se rebela, tamén queren calar ao BNG”.

Comentarios