UPyD chama a recuperar España "para os españois" e contra "nacionalistas que nos invaden"

Co título de Recuperar España para os españois, o partido UPyD publica na súa web un editorial no que misturan ataques aos partidos tradicionais e medios de comunicación con ataques aos nacionalismos e ao sistema autonómico
Díez na manifestación Galicia Bilingüe

Outra vez o de 'España para os españois'. A palabra de orde que ao longo de décadas foi enarbolada por partidos e formacións de dereita e extrema dereita vén de ser agora recollida por UPyD, a organización que presume de non ser de esquerdas nin dereitas e que se presenta como rexeneradora da democracia e voz do cidadán de a pé. La hora de recuperar España para os españois é o título do editorial pendurado na web do partido que lidera Rosa Díez.

Nese escrito mistúranse as críticas ao PP, PSOE e IU con referenzas despectivas ao sistema autonómico, e chamadas contra a banca ou os medios de comunicación. Máis un dos albos favoritos do editorial (e fiel á tradición de UPyD) son os nacionalismos. Unión Progreso y Democracia considera que son "unha invasión"  que debe ser freada polos españois. 

Na mellor oratoria joseantoniana, neste editorial afírmase que "UPyD tampoco es España. Es un partido formado por miles de españoles que quieren recuperar su país. Españoles que ponen su tiempo y su dinero, su energía y su ilusión, que arriesgan su tranquilidad y su comodidad, leales a sí mismos".

Suba

A crise e a corrupción están a provocar un derrumbe do sistema tradicional de partidos. As últimas enquisas e sondaxes apontan a un importante aumento de voto de UPyD, que pasaría ser terceira forza parlamentar no Estado español.

Rosa Díez ten participado na Galiza en mobilizacións de Galicia Bilingüe. E mesmo te empregado a palabra gallego como despectivo para referirse a Zapatero ou mesmo Feijóo

Comentarios