Duarte Correa, secretario de Relacións Internacionais da Unión do Povo Galego, vai oferecer unha palestra neste seminario internacional sobre “a loita fronte á Unión Europea e a reivindicación da soberanía como elemento que caracteriza a todos os procesos políticos contrarios ao neoliberalismo e á actual orde mundial”, informou a Sermos Galiza o dirixente deste partido comunista que fai parte do BNG.
Neste foro internacional, que realiza as súas análises desde unha óptica anti-imperialista, participan representantes de gobernos, organizacións políticas e sociais, analistas internacionais, intelectuais e estudosos de moi diversas materias.
O seminario, no que en edicións anteriores ten participado a Fundación Moncho Reboiras, comezou a quinta feira e decorrerá até este sábado.