Unha deputada de En Comú pide que Amancio Ortega compareza na Comisión de Emprego do Congreso

A solicitude pide que explique os instrumentos de Zara e Inditex para detectar as vulneracións das condicións laborais nas súas contratas no estranxeiro.

Amancio Ortega
photo_camera Amancio Ortega

Aina Vidal, deputada do grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, solicitou a comparecencia de Amancio Ortega, dono da maioría de accións de Inditex, na comisión de emprego do Congreso. A solicitude pretende que Ortega explique, “en tanto que é experto no tema”, as relacións de Zara e Inditex con filiais e subcontratadas e as ferramentas que posúen para detectar vulneracións nas condicións laborais dos traballadores.

A parlamentar lembra que a 31 de maio o Ministerio do Trabalho de Brasil anunciou que a multinacional do téxtil debía pagar 1,3 millóns de euros a raíz dun caso de traballo escravo rexistrado en 2011.

A petición desta deputada de En Comú Podem non afecta só Amancio Ortega, mais tamén Pablo Isla, presidente de Inditex, Begoña Lopez-Cano, directora de recursos humanos de Inditex, Óscar Pérez Marcote, director de Zara, Felix Posa Peña, director de Responsabilidade Social Corporativa, e o presidente da OIT Guy Ryder. 

Comentarios