Unidas Podemos reivindica a lei de 'só si é si' e Rueda cualifícaa de "grande equivocación"

Podemos defendeu que a lei do 'só si é si' é "sólida" e un "avance incuestionábel", cuxo problema non é a norma senón unha "incorrecta" aplicación por parte dalgúns xuíces.
A coportavoz estatal de UP, Isa Serra durante a entrevista con 'Europa Press' (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
photo_camera A coportavoz estatal de UP, Isa Serra durante a entrevista con 'Europa Press' (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).

Podemos defendeu que a lei do 'só si é si' é "sólida" e un "avance incuestionábel", cuxo problema non é a norma senón unha "incorrecta" aplicación por parte dalgúns xuíces, e non dubida "agora mesmo" do apoio á normativa por parte da parte socialista do Goberno español, dado que varias ministras do PSOE xa "recuaron" ao apuntar á posibilidade de revisión ao comezo da polémica.

Así o indicou nunha entrevista con Europa Press a coportavoz estatal da formación morada, Isa Serra, previa a que o presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, se mostrase esta terza feira aberto a modificala puntualmente.

Para a dirixente de Podemos, a controversia sobre a lei 'só si é si' radica nun "alarmismo" fomentado pola "extrema dereita" a través dunha "ofensiva" que vai continuar, dado que se chegou a dicir ao comezo que ía "facer falta un contrato para manter unha relación", ou que se ía "meter xente na cadea por dicirlle 'guapa' a unha muller".

Ademais, Serra opinou sobre as críticas do ex presidente socialista Felipe González á norma, que pediu tamén revisala, alegando que "a estas alturas as mulleres saben que o que digan as feministas non serve de argumento de autoridade".

Por outra parte, a dirixente da formación morada subliñou que non teñen até a data datos exactos de revisión de penas a condenados por agresión sexual e violación en distintas Audiencias Provinciais, mais, polo que coñecen, considera que son "minoría" respecto aos que optan por mantelas.

Rueda pide rectificar

O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, volveu reclamar ao Goberno español no seu conxunto que "rectifique" a súa "grande equivocación" coa coñecida como lei de 'só si é si', para que "deixen de saír condenados por abusos sexuais á rúa" ou que non se acurten máis penas de prisión.

Preguntado respecto diso tras a reunión semanal do Executivo galego, Rueda insistiu en que esta norma contén un "texto erróneo" que hai que modificar "canto antes".

Ademais, criticou que o Goberno estatal pasase de "primeiro soster que non había ningún erro", a "despois tentar desviar a atención" para "acabar recoñecendo que se pode modificar".

Comentarios