Unanimidade do parlamento galego para pedir que se compensen os descartes pesqueiros

A proposta do BNG acadou a apoio dos grupos parlamentarios da Comisión para Asuntos Europeos.

Mar pesca barco Mikel arrazola
photo_camera Foto Mikel Arrazola (Irekia)

O Parlamento de Galiza vai instar á Xunta para que solicite de Estado e Unión Europea compensacións para a frota galega polos descartes pesqueiros. Así o aprobou esta cuarta feira por unanimidade a Comisión para Asuntos Exteriores da Cámara galega a instancias do BNG. Na defensa da iniciativa, o deputado nacionalista Daniel Rodas explicou que os descartes poden ser destinados á fariña para peixe, aceite de peixe, pensos, aditivos ou produtos farmacéuticos que máis ben parece “o modelo ideado para os cultivadores de peixe” pero non para os traballadores do mar. Son os propios armadores, dixo,  os que reclaman medidas alternativas. Por exemplo, que o reparto do esforzo sexa proporcional ás cotas de pesca de cada país ou que as toneladas que non pesquen outros países da UE poidan ser capturadas por aquelas flotas que o precisen. A estas engádsense outras, como poñer en valor todos os produtos procedentes dos descartes de talla comercial.

Rodas advertiu que se non se adoptan medidas atoparemos cunha “nova medida coercitiva comunitaria” coa finalidade de que  diminúan “drasticamente os días de pesca e rebaixando  as “xa exiguas” posibilidades de capturas” ao que hai que sumar a competencia coa flota portuguesa que ten maiores cotas, traballa toda a semana e ocupa os mercados  galegos ademais de utilizar artes que en Galiza están prohibidos.

Comentarios