Unanimidade do Parlamento galego para que Historia da Filosofía sexa troncal no bacharelato

filosofia no parlamento

Todos os grupos do parlamento galego apoiaron a iniciativa popular para ereclmar que Historia da Filosofía seca incluída como materia troncal no Barcharelato, así como pedir ao goberno español que estude a situación da filosofía no sistema educativo.

PP, En Marea, PSdeG e BNG defenderon no pleno como proposición non de lei esta iniciativa, que viña apoiada por máis de 8.000 sinaturas e a cuxo debate asistiron alumnos e docentes.

Olalla Rodil (BNG) defendeu a necesidade e vixencia da filosofía, “queremos unha educación que nos ensine a pensar e non a obedecer”. A deputada nacionalista aludiu a Martha Nussbaum quen defendía  que as humanidades, e a Filosofía entre elas, “son imprescindíbeis para a democracia porque nos axudan a cuestionar a tradición e a autoridade”.

Luis Álvarez (PSdeG), considera “razoábel e viábel” as demandas da iniciativa popular, apostando en que a filosofía volva “ao lugar do que nunca debeu saír”. O parlamentar criticou o "mercantilismo que se tenta implantar no sistema educativo.

A deputada de En Marea Ángeles Cuña reivindicou a importancia de "pensar", de "ver cos ollos da alma". Preguntouse se "¿queremos cidadáns ou súbditos?", e apostou en “reforzar os alicerces da sociedade”.

Cesar Fernández (PP) defendeu que Historia da Filosofía sexa troncal no Bacharelato apelando á súa propia condición de profesor de filosofía. “Ensínanos a escoitar, a comprender e a consensuar”. 

Comentarios