Análise

A última cortina de fume de Núñez Feixoo

O poder económico determina a resposta da Xunta ao gromo da Coruña.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, en rolda de prensa (Imaxe: Europa Press).
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, en rolda de prensa (Imaxe: Europa Press).

 O coronavirus non dá tregua á comarca coruñesa. Xa son 544 casos activos, 108 positivos por cada 100.000 habitantes, 57,9% do total dos contaxios da Galiza é unha pandemia que non deixa de medrar. Ao tempo o número de afectados supera os existentes na Mariña no momento do seu confinamento polo Goberno galego e a porcentaxe de 50 por 100.000 recomendada pola Unión Europea para adoptar este tipo de solucións. Asemade, as fontes médicas sinalan que a situación non deixa de complicarse.

O gromo da Coruña está disparado mais a Núñez Feixoo semella non preocuparlle. Malia a incapacidade das medidas aplicadas na última semana pola Xunta da Galiza para facerlle fronte á pandemia, as autoridades galegas néganse en achegar novas solucións. Pola contra, nunha reunión celebrada na cuarta feira, co obxectivo de avanzar novas propostas para combater a epidemia na área coruñesa, o presidente galego limitouse a responsabilizar os concellos e ao Goberno central da situación e a anunciar restricións ao consumo do tabaco en espazos públicos.

Os riscos do tabaco para a saúde das persoas son evidentes polo que as medidas destinadas a reducir o seu uso deben ser recibidas con satisfacción. Porén, neste caso non deixa de ser unha coartada para agochar a negativa da Xunta da Galiza a aprobar alternativas contundentes contra o coronavirus, entre elas o confinamento, tal e como demandan diversos expertos e a o propio Goberno galego ten aprobado fai unhas semanas para outras áreas da Galiza, como A Mariña. En definitiva, as autoridades galegas demostran con esta decisión que intereses representan e cales son as súas auténticas prioridades.

A preocupación pola saúde dos coruñeses e coruñesas non está tras a proposta de Alberto Núñez Feixoo. O presidente galego, lonxe de atender as recomendacións dos expertos sanitarios, actúa conforme ás esixencias dos poderes económicos da cidade, particularmente daqueles grupos empresariais máis internacionalizados e cuxos intereses se xogan nos mercados exteriores, temerosos do impacto do confinamento nas súas contas de resultados. Esta e non outra, é a motivación real dunha proposta que pon en perigo a saúde da cidadanía da comarca e se converte nun factor de risco para a extensión da pandemia en toda a área articulada arredor da autoestrada do Atlántico.

Quen manda aquí?

As crises adoitan deixar ao descuberto a auténtica natureza do sistema, as dinámicas de funcionamento das formacións sociais e as súas principais contradicións. A resposta de Alberto Núñez Feixoo ao gromo que padece a comarca coruñesa é ben significativa das relacións de poder na Galiza e dos intereses que representa 

Comentarios