A UE poderá sancionar a España se segue a banalizar o fascismo

A eurocomisaria de Xustiza, Viviane Reding, afirma que debe ser “sancionábel penalmente” a exculpación ou trivialización dos crimes realizados por réximes totalitarios. Dio en resposta parlamentar a deputados europeos de varias formacións, BNG entre elas, que denunciaran a permisividade do Estado español 

Foto: La Directa
photo_camera Delegada do Goberno nunha homenaxe a División Azul

Toque de atención da Comisión Europea a Estado español pola súa banalización do nazismo e fascismo. A eurocomisaria da Xustiza, Viviane Reding, deixou claro que a exoneración, negación ou banalización intencionada e pública dos “crimes cometidos por réximes totalitarios”, segundo recolle Vilaweb. Bruxelas engade que, a partir do ano que vén, os estados membros poderán ser sancionados penalmente por este tipo de actitudes e comportamentos. As declaracións chegan despois da denuncia de parlamentri@s en Bruxelas pola participación da delegada do goberno de España en Catalunya nunha homenaxe á División Azul

Reding lembra, nunha resposta parlamentar a eurodeputad@s do BNG, PNV, ICV e CiU que "todos os Estados membros da UE están obrigados a castigar penalmente a incitación pública ao odio e á violencia contra persoas ou grupos por mor da súa raza, cor, relixión, ascendencia ou a orixe nacional ou étnica ". 

Comentarios