Tsipras acusa o Goberno de Rajoy de “querer derrubar Syriza” por medo electoral

O presidente de Grecia cre que o Estado español -xunto a Portugal- boicoteou as súas peticións no Eurogrupo para “provocar o fracaso do noso Goberno e evitar que os seus froitos servisen de exemplo antes das súas eleccións” xerais.  

Tsipras europeo
photo_camera Tsipras.

O primeiro ministro grego, Alexis Tsipras, acusou este ao Estado español e a Portugal de formar un "eixe contra Atenas" que intentou "derrubar o seu goberno" e facer fracasar as negociacións co Eurogrupo para tratar de reestruturar a débeda do país.

"Atopámonos cun eixe de poderes, liderado polos gobernos de España e Portugal quen, por motivos políticos obvios, intentaron levar ao abismo as negociacións enteiras", declarou nun discurso ante o Comité Central da súa formación, Syriza, na que algunhas voces internas criticaron o acordo alcanzado, que non puido ser maior por esas presións”, segundo afirma Tsipras. “O seu plan era, e é, desgastar, derrubar o noso Goberno e levalo a unha rendición incondicional antes de que o noso traballo comezase a dar o seu froito e antes de que o exemplo de Grecia afectase a outros países, principalmente antes das eleccións en España", asegurou. 

"O acordo non foi mellor por esas presións" afirma o líder esquerdista

Desde os Gobernos do Estado español e Portugal negaron estas acusacións. Grecia apenas atopou apoio en Europa en Francia e Italia e dun modo moi tímido. Con todo, o apoio popular no seu país crece, segundo as enquisas.

Comentarios