O Tribunal Supremo rexeita paralizar a exhumación de Franco

Non atende a petición da familia de paralizar o proceso de forma cautelar mentres se decide se o traslado dos restos do ditador é legal ou non.

 

val dos caídos
photo_camera val dos caídos

Esta segunda feira, os maxistrados do Tribunal Supremo pronunciáronse en contra da solicitude dos netos do ditador presentada hai varias semanas. Na solicitude denunciábanse as actitudes do Goberno español ao anunciar á exhumación sen terse tramitado a totalidade do procedemento administrativo e recorríase o acordo do pasado 8 de novembro.

Neste acordo, o Goberno daba vía libre á continuación dos trámites para sacar os restos mortais do ditador do Val dos Caídos.

Porén, o tribunal considera que esta medida cautelar debe ser denegada posto que o acordo do Goberno non xustifica por si mesmo a exhumación dos restos de Franco nin produce unha situación irreversíbel que faga perder a súa finalidade ao recurso.

Comentarios