O traspaso de poderes na Coruña comezará esta semana

Carlos Negreira (PP) e Xulio Ferreiro (Marea) reuníronse en María Pita. A Marea inclínase en principo por gobernar en solitario.

Marea
photo_camera [Imaxe Marea Atlántica]

O primeiro encontro entre o alcalde en funcións, Carlos Negreira, e o alcaldábel da Marea, Xulio Ferreiro, rematou cunha data no horizonte para o traspaso de funcións en María Pita. Malia a actitude inicial d@s populares, que ralentizaron a transición após a Xunta electoral os ter situado como forza máis votada tras as impugnacións, finalmente será a finais desta mesma semana cando comece o tránsito entre gobernos. 

Neste senso, o candidato á alcaldía da Marea, Xulio Ferreiro, amosou á súa saída do encontro o desexo de que esta quinta feira (4 de xuño) "a futura equipa de goberno" poda recibir senllos informes procedentes das distintas áreas de traballo municipal para poder configurar unha "estrutura" gobernamental definitiva. 

Asemade, Ferreiro sinalou que ao longo dos vindeiros días procurará reunirse con representantes do PSOE e do BNG para lles transmitir a súa vontade de iniciar un goberno en solitario, embora --dixo-- non descartaren outras alternativas. 

Comentarios