Traballadoras/es de T-Solar e unha deputada do Bloque, a xuízo por se mobilizar en defensa do emprego

Unha vintena de traballadoras-es da fábrica ourensá de T-Solar e a deputada do BNG Tereixa Paz irán a xuízo o vindeiro 2 de setembro após seren denunciad@s pola empresa enerxética por "ocupación ilegal" das instalacións.Protestan desde hai un mes polo desmantelamento de T-Solar.Vídeo no interior

Están acusad@s de ocuparen de maneira irregular as instalacións destra empresa que prevé ser desmantelada e dá traballo a máis de 150 persoas.

Para exixiren unha solución e o dereito ao seu posto de traballo, @s empregad@s permanecen desde hai un mes fechadas nas instalacións que a empresa ten na cidade de Ourense. Xunto a el@s, a deputada do BNG no Parlamento galego, Tereixa Paz, e a concelleira da organización frontista na cidade, Ximena González, permaneceron boa parte do tempo que vai de protesto. 

Esta semana, recibiron a notificación pola que son chamad@s a declarar como imputad@s por un encerro que a empresa de exerxética tilda de "ilegal". Porén, desde o plantel traballadoras-es aseguran que T-Solar pretende desenvolver "un macroxuízo político" e que continuarán a defender os seus postos de traballo "até as últimas consecuencias". 

"A absurda xudicialización dun conflito laboral", asegura un dos empregados fechados na factoría en declaracións a Europa Press, ao tempo que lembra que non cesarán na súa loita nen "por esta demanda" nen "por ningunha outra. 

Pola súa banda, a deputada do Bloque Tareixa Paz convocou unha rolda de imprensa nas propias instalacións de T-Solar para esta cuarta feira.

Vídeo Galiza Contrainfo

Comentarios