Touriño reaparece nos actos do PSdeG e Ortuzar participa na ofrenda de Compromiso

Despois de anos sen asistir, o ex presidente da Xunta e ex secretario xeral do PSdeG Emilio Pérez Touriño reapareceu no acto do PSdeG polo Día Nacional de Galiza. Touriño acompañou Gonzalo Caballero, actual líder socialista, na ofrenda a Castelao que o partido realiza tradicionalmente en Rianxo.
 

touriño
photo_camera Acto do PSdeG en Rianxo. Foto: PSdeG.

“Galiza é a nosa causa e o que nos move”, proclamou Caballero perante a estatua do intelectual e exiliado nacionalista, “queremos unha Galiza de futuro, de vangarda, que dea oportunidades para todos e todas”. Ao seu carón, Pérez Touriño, que deixara de asistir ao 25 de xullo despois da caída do Goberno que presidía e a súa posterior dimisión como secretario xeral do PSdeG.

compromiso

En Rianxo tamén estiveron o portavoz parlamentario dos socialistas, Xaquín Fernández Leiceaga, ou o deputado Juan Díaz Villoslada, derrotado nas primarias por Gonzalo Caballero.

Outro visitante ilustre tivo a ofrenda a Castelao, pero no Panteón de Galegos Ilustres onde repousan os seus restos, realizada por Compromiso por Galicia. A formación galeguista contou coa presenza de Andoni Ortuzar, presidente do PNV. Canda el estiveron Rafael Cuíña, alcalde de Lalín e máximo cargo institucional de Compromiso, ou Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral.

Nota: imaxe da ofrenda de Compromiso por Galicia no Panteón de Galegos Ilustres. O terceiro pola esquerda é Andoni Ortuzar. O terceiro pola dereita, Rafael Cuíña.

Comentarios