Toní Cantó compara a inmersión lingüística en catalán coa pederastia

O deputado de UpyD afirma que “hai que poñer couto” ás políticas que se desenvolven en Catalunya e Valencia e que “non permiten estudar en castelán”

Toni Cantó volve por onde lle gusta, polo terreo da polémica. Presume de non ser políticamente correcto mais, como lle lembrou un deputado de Amaiur, está a facer simplemente o parvo. Após declaracións e chíos nas redes sociais poñendo en dúbida a violencia machista ou exixindo explicacións polos tuits dunha conta de Otegi (que, dicía, o preso enviaba desde a cadea) agora falou de idiomas.

Cantó compara a inmersión lingüística en catalán coa pederastia e afirma que hai que limitar xa e de vez as políticas que “non permiten estudar en castelán” en Catalunya e Valencia.

Afirma este actor e deputado de UpyD que non se lle pode impor o catalán porque “non se pode pasar por riba da miña liberdade”e que “hai límites”, engadindo “que tampouco aos pederastas se lles deixa andar como queren”.

Illas Feroe

Estas declaracións foron feitas por Cantó nunha entrevista na revista Jot Down. O deputado de UpyD afirma que en ningún lugar do planeta se dá a imposición de idiomas que, afirma, hai no Estado español, en referencia a catalán, vasco e galego. “Bon, si, hai un: Illas Feroe, que o lin nun artículo”. Así de textual o dixo

Comentarios