Reacción ao anticipo electoral

Todas as forzas políticas galegas se ven preparadas para o 28A

O manual dos gabinetes de comunicación dicta que en ocasións como estas hai que saír aos meios a dicer que estás preparado para o novo desafío electoral e que non te colleron por sorpresa. A ese guión ativéronse todas as forzas galegas após Sánchez adiantar as eleccións xerais. A oposición reborda optimismo. Feixoo, nun chío en castelán, ve o PP en condicións de "demostrar que hai outra forma de gobernar para todos os españois".

 

Colexio electoral 20D eleccións xerais
photo_camera Votantes nas xerais de xuño de 2016

O PP leva semanas a demandar a Sánchez que anuncie a convocatoria das urnas. Iso foi o que fixo o presidente do goberno español esta sexta feira. Mais nin así o PP lle vai dar tregua. Na súa conta twitter, máis que facer unha avaliación do anticipo electoral e antes que ponderar como está o exército popular para enfrentar a campaña, Feixoo optou por cargar contra o inquilino da Moncloa.

 

O PP preparado e En Marea, preparada tamén. Tanto que xa este sábado a súa dirección, fortemente cuestionada por un sector crítico que xa nin participa nas reunións orgánicas, anunciará o calendario de primarias. Faino a formación liderada por Luís Villares cando está moi lonxe de estar claro con que formato (partido instrumental ou coalición de partidos) acudirá ás urnas.

 

Nas bancadas do PSdeG, o discurso é moi Ferraz, o da dialéctica de presentar a formación socialdemócrata como dique de contención fronte ao bloque da dereita:

 

Por súa parte, Ana Pontón anuncia un BNG á ofensiva e deixa ver o argumentario básico da formación: só o voto nacionalista garante a presenza do país no Congreso.

 

Comentarios