“Todas as causas, a nosa causa”, primeiro vídeo do BNG para as Europeas

A candidata nacionalista, Ana Miranda, protagoniza o vídeo dun minuto no que o Bloque quer condensar a idea de Europa que defende. Vídeo no interior

video europeas bng ana miranda
photo_camera Fotograma do vídeo

O BNG vén de lanzar o primeiro vídeo de campaña para as eleccións europeas do 26 de Maio, un traballo de apenas un minuto que quer comunicar a idea de que todas as causas xustas, son causas que asume o Bloque.

“A Europa social, solidaria e dos pobos que defende o BNG, que planta cara a involución democrática, expresa o apoio aos refuxiados, a Europa do benestar social coa defensa dos servizos públicos, a Europa das liberdades e da igualdade no apoio aos dereitos de todos os colectivos LGTBIQ, a Europa das mulleres e do movemento feminista”.

Coa banda sonora do poema de Rosalía No bico un cantar, a candidata Ana Miranda é a que representa no vídeo ese compromiso coas diferentes causas que defende o BNG.

Comentarios