Como se pode combater o terror machista desde a política?

A violencia machista continúa a cobrarse cada ano máis vítimas. En 9 meses de 2014 o número de asasinadas en Galiza é máis do duplo que en todo o 2013.

Cales son as súas causas e, sobre todo, como combatelo? Eis a pregunta que facemos a parlamentares do BNG, AGE, PSOE, PP e Grupo Mixto.

No que vai de ano 7 mulleres foron asasinadas na Galiza pola violencia machista: María José Suárez (45 anos, Cervo), Adela López (72 anos, Cervo), María Luisa Jiménez (37 anos, Vilaboa), Helena Rodríguez (68 años, Foz), Belén Expósito (43 anos, A Coruña), Sara Pereira (81 anos, Pazos de Borbén) e Mónica Lorenzo (38 anos, Barro). Máis do duplo que en todo o 2013. 

No conxunto do Estado español o número ascende ás 57. Os grupos parlamentares (PP, PSOE, AGE, BNG e Grupo Mixto) coinciden en resaltar que as cifras son “alarmantes” e que a violencia exercida contra as mulleres constitúe unha forma de “terrorismo”. Porén, o partido que apoia o goberno e as forzas da oposición manteñen unha diagnose distinta a respeito das causas e solucións deste problema político. 

No número 112 de Sermos Galiza analisamos as causas e medidas a adoptar para combater todas as formas de violencia exercidas contra as mulleres. Xa disponíbel na nosa loxa. 

***Este medio púxose en contacto coa Secretaría Xeral de Igualdade, porén Susana López Abella declinou atender a chamada de Sermos Galiza argüíndo que ten "unha semana moi ocupada". 

Comentarios