RUBÉN CELA, MEMBRO DA EXECUTIVA DO BNG

"Temos que ir a mensaxes máis claras e entendíbeis pola sociedade"

No número 188, xa na rúa, Sermos entrevista Rubén Cela, membro da nova Executiva Nacional saída da XV Asemblea Nacional do BNG. Eis un avanzo da conversa.

Rubén Cela
photo_camera Rubén Cela

Rubén Cela (Lugo, 1979) asumiu responsabilidades na área de Comunicación do BNG.

Cando os resultados dunha forza política son maos, o tópico apunta a que esa organización non comunica ben. Que ten que facer o BNG para comunicar mellor?

O BNG pode comunicar mellor, e dígoo sen ser un especialista na materia.

miniaturaPero vaste ter que facer...

Si, ou rodearme de xente que o sexa, o intelixente é rodearte de xente que saiba máis que ti das cousas. É fundamental ter unha concepción da comunicación máis transversal, comunicación é hoxe todo, non só as roldas de imprensa ou as redes sociais, ou entendes que toda a organización cada día que se levanta está comunicando ou pouco tes que facer.

E tes xa dúas ou tres ideas?

Temos que ir a mensaxes máis claras, máis entendíbeis e transmitilas dun xeito máis firme e contundente.

A íntegra da conversa, unha entrevista a dupla páxina, tela ao teu dispor no número 188 do semanario, xa na nosa loxa e nos pontos de venda habituais.

Comentarios