Telmo Martín confirma que o emérito voltará a Sanxenxo en xuño

Martín defendeu a presenza do emérito na súa localidade e asegurou que "hai máis ‘juancarlistas’ do que se quere facer crer".
O rei emérito conversa co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín este domingo. (Foto: Raúl Terrel / Europa Press).
photo_camera O rei emérito conversa co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín este domingo. (Foto: Raúl Terrel / Europa Press).

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, confirmou que Juan Carlos I voltará á localidade en xuño, para as regatas do campionato do mundo de vela, e sinalou que "hai máis ‘juancarlistas’ do que se quere facer crer".

En declaracións á saída do Club náutico do municipio, Martín defendeu a presenza do emérito na súa localidade, asegurando que "se fose un presidente da República" coa mesma proxección comportaríase de igual forma.

"Un cidadán máis"

Martín tachou ademais de "inxenuos" aqueles que pensaban que a chegada do monarca "pasaría desapercibida" e definiu o emérito como "un cidadán máis que pasa uns días entre nós"

O emérito ás preguntas dos medios congregados á saída do Club Náutico de Sanxenxo, onde asistiu á entrega de premios da regata decorrida esta fin de semana.

"Moitas ganas" de ver Felipe VI

Asegurou que ten "moitas ganas" do encontro previsto para esta segunda feira co seu fillo, o xefe do Estado Felipe VI, en Madrid. Desta reunión, apuntou ademais, espera "moitos abrazos" e "ver a familia".

Após a regata, o monarca recibiu unha placa como recoñecemento ao seu "apoio á vela e ao deporte en xeral", así como ao impulso ao turismo na localidade de Sanxenxo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios