'Tecer Galicia', rama oficialista de Podemos na Galiza, expón as súas listas "para un novo tempo político"

O líder de 'Tecer Galicia' -candidatura oficialista a dirixir a Podemo na Galizas-, Borja San Ramón, presentou este sábado na Coruña as listas "da candidatura dos círculos e da organización; da que apoia a ampla maioría da formación" para "un novo ciclo político".

Borja San Ramón, un dos candidatos a liderar Podemos Galicia (Foto: Podemos Galicia).
photo_camera Borja San Ramón, un dos candidatos a liderar Podemos Galicia (Foto: Podemos Galicia).

Acompañado polo até o de agora secretario xeral de Podemos na Galiza, Antón Gómez-Reino; de Verónica Hermida e de Isabel Faraldo, San Ramón defendeu que a súa proposta busca "abrir unha nova etapa ao novo ciclo político que vén".

O número un da lista puxo o foco nas próximas eleccións municipais, un paso "vital" para concorrer a futuros comicios. Ante o cambio de paradigma económico provocado pola pandemia e a guerra de Ucraína, reivindícanse como "ferramenta útil á cidadanía" con medidas "que se demostran eficaces" como o tope do gas.

Apelan ademais a "tecer alianzas", "non só con outras organizacións políticas", senón tamén coa propia cidadanía. Chaman á unidade e á sociedade para "incorporar voces" ao proxecto, de forma que "se free á extrema dereita".

Primarias

Doutra parte, San Ramón valorou "moi positivamente" que se presenten distintas candidaturas ao proceso de primarias. "As primarias abertas é unha das nosas marcas de auga", comentou.

En caso de resultar a súa a candidatura elixida, 'Tecer Galicia' buscará "atraer a pluralidade e traballar con todas as propostas". "Faremos unha síntese e tentaremos que toda a organización se poña a facer o que ten que facer", apuntou.

A presentación das listas tivo lugar o mesmo día en que se presentou a candidatura alternativa á oficialista, a encabezada por Gonzalo Busqué, crítico coa actual dirección.

Comentarios