Galiza adiará as eleccións do 5-A

Todas as formacións coinciden en que a prioridade é combater o coronavirus e que os comicios non se realizarían nunha situación de normalidade.

Feixoo videoconferencia eleccións
photo_camera Feixoo reuniuse por videoconferencia cos representantes de PSdeG, Galicia en Común-Anova, BNG e Ciudadanos

O 5 de abril non haberá eleccións na Galiza, unha decisión que apenas causa sorpresa despois das manifestacións ao longo destes días das diferentes formacións (todas partidarias de adialas) e de que Euskadi decidise hai unhas horas suspender os seus comicios, que tamén caían en 5-A. Combater a crise do coronavirus é priroritaria, coinciden as formacións, e a situación actual non é a máis acaída axeitada para facer unhas eleccións. O prioritario é a saúde pública. E así se manifestou no encontro que esta segunda feira Núñez Feixoo mantén a través de videoconferencia coas e cos representantes de PPdeG, PSdeG, Galicia en Común, BNG e Ciudadanos

Segundo informou a Xunta, durante un receso da videoconferencia, todos coincidiron en que "non ten sentido" manter a data do 5 de abril e, tras este parón, abordaron a fórmula para facelo efectivo.

Finalizado o encontro, compareceu o presidente para confirmar que as eleccións galegas ficaban suspendidas. "O que falta é executalo formalmente", engadiu, após agradecer a disposición das organizacións políticas e de cualificar a xuntanza de "fluída" e "construtiva". Feixoo afirmou que esta terza feira entregarse a estas formacións políticas unha nova normativa, acompañado do informe da asesoría xurídica, en base ao cal "reactivar" a convocatoria de eleccións unha vez pase a pandemia. Unha solución legal que permita suspender e convocar os comicios. Non se fixou nova data para eses comicios, aclaru o presidente, se ben varias formacións eran partidarias diso. Feixoo tamén anunciou que esa nova normativa será remitida áxunta Electoral. 

"A loita contra a pandemia non é que sexa a nosa prioridade, é a nosa única preocupación3, enfatizou o mandatario, que tamén informou que ía trasladar unha serie de propostas ao Goberno español, que é quen asumiu o mando único fronte á crise, como a ampliación do fondo de continxencia para sanidade, a activación de liñas de liquidez extraordonarias ou a dotación de material e equipamento para facer fronte ao coronavirus. 

Comentarios