Política

O Supremo ordena ao Goberno distribuír EPIs ás sanitarias e informalo das súas medidas cada 15 días

O alto tribunal insta ao Ministerio de Sanidade a empregar "todas as medias ao seu alcance" para garantir que as profesionais sanitarias dispoñan de equipos de protección individuais (EPIs). 
Tribunal Supremo (arquivo).
photo_camera Tribunal Supremo (arquivo).

A sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo acordou esta segunda feira requirir ao Ministerio de Sanidade a adopción "de todas as medidas ao seu alcance para que teña lugar efectivamente a mellor distribución dos medios de protección das profesionais sanitarias" para o exercicio do seu labor na loita contra o coronavirus

Así mesmo, solicita ser informado cada 15 días das medidas adoptadas polo Goberno español para o efectivo cumprimento desta orde que pretende garantir os dereitos fundamentais das profesionais

Deste xeito, o alto tribunal crea unha medida cautelar propia como consecuencia do requirimento que lle realizou a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) ao comezo do estado de alarma, que non estimou aplicábel literalmente.

Lembra o Supremo que neste momento non procede analizar se existe unha inactividade da Administración (que é o que expoñía o sindicato no seu requirimento) debido a que este extremo resolverase cando se analice o fondo do asunto e se resolva en sentenza.

Con todo, o tribunal si considerou que o interese público esencial e común de preservar o dereito fundamental á integridade física e o dereito á saúde das profesionais sanitarias, así como das persoas ás que asisten, exixen outras cautelas que procede acordar.

Comentarios