Suárez desbotou un referendo sobre a monarquía porque os inquéritos prognosticaban a súa derrota

O ex-presidente recoñecíao en 1995 nunha entrevista inédita feita por Victoria Prego e que vén de ser emitida por 'La Sexta'. Vídeo no interior.

suarezconfranco_capa

Na transición avaliouse a posibilidade de facer un referendo sobre que forma de Estado debía ter España, monarquía ou república. Unha consulta que pedían gobernos estranxeiros a instancias de Felipe González, líder do PSOE. Mais non houbo tal referendo e a razón foi porque os inquéritos prognosticaban unha derrota da opción monárquica. Todo isto contouno Adolfo Suárez, ex-presidente español, a Victoria Prego nunha entrevista concedida en 1995 e que permaneceu inédita até o de agora, que vén de ser emitida en La Sexta.

Nesa entrevista Adolfo Suárez afirma que “era Felipe González o que estaba pedindo a outros que o pedisen [o referendo]”. Unha confesión que Suárez fixo a Prego na entrevista para Antena 3 pensando que non estaba a ser gravado foi a de que se realizaron sondaxes e inquéritos e estes apontaban a que perdía a monarquía.

O goberno optou por meter “a palabra rei e a palabra monarquía” na lei de Reforma Política de 1977. Con esta manobra, confesa Suárez, “dixen que xa fora sometido a referendo” ao se aprobar a lei e garantiu que a monarquía sobrevivise.

Comentarios