Sondaxe EITB: Clara vitoria do PNV nos comicios vascos con entre 30-32 deputados

EH-Bildu ficaría segunda forza segundo a sondaxe realizada para a televisión pública vasca nas pasadas xornadas. Vox podería entrar no Parlamento vasco pola circunscrición de Araba.
O presidente de Euskadi, Iñigo Urkullu, anunciou en rolda de prensa a cita electoral (imaxe: Mikel Arrazola)
photo_camera O presidente de Euskadi, Iñigo Urkullu, anunciou en rolda de prensa a cita electoral (imaxe: Mikel Arrazola)

A sondaxe realizada paraa  televisión pública vasca por Gizaker e publicada logo do feche dos colexios electorais avanza unha contundente vitoria do PNV, con entre 30 e 32 deputados e 40,3% dos votos.

EH-Bildu consolidaríase como segunda forza en Euskadi, con 20 escanos e 23,7% dos votos, seguida do Partido Socialista, socios de Goberno, con entre 10 e 12 escanos e 14,1% dos apoios.

Así, PNV e mais PSE revalidarían xuntos a maioría absoluta, situada en 38 escanos dos 75 que suma a Cámara vasca, e EH-Bildu continuaría a medrar en votos e escanos.

Elkarrekin Podemos e Esquerda Unida rexistran un descenso de votos nos tres territorios, pasando de 11 escanos a entre 8 e 7.

Porén, o descenso máis acusado é o da coalición formada entre o Partido Popular e mais Ciudadanos, que mantén entre 6 e 4 deputados dos 9 acadados en 2016 segundo a sondaxe da EITB elaborada nas xornadas anteriores aos comicios mediante entrevistas telefónicas.

Finalmente, o partido ultradereitista Vox podería entrar por primeira vez na Cámara vasca, co asento por Áraba da súa candidata á presidencia,

A xornada electoral en Euskadi deixa unha caída histórica da participación ás 17 horas. 36,02% do censo votou, 8,36 puntos menos que a cifra rexistrada a esa mesma hora nos comicios de hai catro anos, que se situaba en 44,38%. En troques, duplicouse o voto por correo nestes comicios, cuxos resultados sumaranse aos dos colexios electorais ao final da xornada.

Comentarios