O socialista Fernández Leiceaga será senador por designación autonómica

O actual presidente dos socialistas na Galiza agradeceu a confianza depositada nel e garantiu que o seu empeño fundamental vai ser "seguir contribuíndo ao cambio político en Galicia”.
Gonzalo Caballero Fernández Leiceaga
photo_camera [Imaxe: PSdeG] Gonzalo Caballero con Fernández Leiceaga

O secretario xeral do Partido dos Socialistas da Galiza (PSdeG), Gonzalo Caballero, anunciou hoxe que proporá á executiva do partido a Xaquín Fernández Leiceaga como senador por designación autonómica.

A partir do seu nomeamento, que terá lugar no pleno da vindeira semana, Gonzalo Caballero avanzou que Leiceaga asumirá a coordinación da Interparlamentaria do PSdeG, estabelecéndose como ponte de contacto entre os deputados e senadores galegos en Madrid, os parlamentarios autonómicos e o eurodeputado.

Ademais, o líder dos socialistas galegos sinalou que Leiceaga é “un activo fundamental” no seu equipo, e que levará adiante a coordinación da redacción do programa de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. Seguirá, por tanto, vinculado a tarefas organizativas no PSdeG.

Pola súa banda, Leiceaga agradeceu a confianza depositada nel e garantiu que o seu empeño fundamental vai ser "seguir contribuíndo ao cambio político en Galicia”.

Comentarios