mércores 21/10/20

O Concello da Coruña aproba a retirada do título de fillo predilecto a Méndez

[email protected] do BNG votan no pleno municipal con sobres na man como protesta polos sobresoldos na cúpula do PP. A moción do grupo popular coruñés para retirar o título de fillo predilecto a Méndez, contou co apoio do BNG e EU e a abstención do PSOE xa que contemplaba a dimisión [email protected] [email protected] Mar Barcón e Fernández Moreda, ex-membros do Consello de Administración de Caixa Galicia.
Carril entrega a Negreira un exemplar d'Os libros arden mal
Carril entrega a Negreira un exemplar de Os libros arden mal

O pleno desenvolvido esta segunda feira na cidade da Coruña deixou máis dunha estampa. @s [email protected] do Bloque emitiron seus votos portando sobres en sinal de protesta polo caso de corrupción destapado as pasadas semanas na cúpula do Partido Popular. Pola súa banda, o rexedor coruñés, Carlos Negreira, tomba unha proposta [email protected] nacionalistas e veta o debate sobre o peche da Biblioteca de Monte Alto. No entanto, o PP presentou unha moción para a retirada do título de fillo predilecto a José Luís Méndez, ex-presidente de CaixaGaliza. 

O PP rexeita debater o mantemento da Biblioteca de Monte Alto

Un exemplar d'Os libros arden mal contra o peche da biblioteca municipal

Monte Alto encheuse de protestas nos últimos días para demandar o mantemento da biblioteca municipal nun dos barrios máis emblemáticos da cidade. Numerosas asociacións e colectivos sociais opuxéronse ao peche dun espazo nado en 1986 a partir dun Convenio asinado entre o Concello e a asociación veciñal que na actualidade ofrece múltiples servizos para alén da propia lectura.

Neste senso, o grupo municipal do BNG presentou unha proposta encamiñada a procurar o voto favorábel da corporación municipal a prol do mantemento da Biblioteca así como a garantía de que as asociacións veciñas posuirían unha "participación real e efectiva" naqueles asuntos que lles atinxen aos barrios. Porén, o Partido Popular a través do alcalde, vén de impedir o debate mesmo da moción. A actitude do rexedor coruñés foi retrucada polo voceiro nacionalista, Xan Manuel Carril quen agasallou a Negreira cun exemplar da obra Os libros arden mal de Manuel Rivas ambientada na queima masiva de libros por parte do exército fascista no golpe de Estado do '36.

Populares a favor da retirada do título a Méndez

Negreira a favor da retirada do título de fillo predilecto a Méndez

José Luís Méndez foi un dos responsábeis do desmantelamento do sector financeiro galego. Envolvido nas millonarias indemnizacións após a súa saída da entidade financeira, o ex-presidente de CaixaGaliza percibiu 11,5 millóns de euros que se negou a devolver. O Concello da Coruña aprobou a retirada do título de fillo predilecto a Méndez, a instancias dunha moción presentada polo PP, que previamente tombara unha do BNG dirixida ao mesmo obxectivo. A iniciativa do PP foi apoiada polo BNG e EU mais non polo PSOE xa que reclamaba a dimisión dos concelleiros socialistas Mar Barcón e Fernández Moreda, ex-membros do Consello de Administración de Caixa Galicia. 

comentarios