O soberanismo volve pedir no Congreso unha investigación sobre os negocios de Juan Carlos I

Sobre as supostas comisións do AVE á Meca.

Juan Carlos I de Borbón en Sanxenxo a finais de 2019 (Foto: Europa Press)
photo_camera Juan Carlos I de Borbón en Sanxenxo a finais de 2019 (Imaxe: Europa Press)

As formacións soberanistas e independentistas representadas no Congreso volveron rexistrar esta cuarta feira, canda Más País, unha petición para crear unha comisión de investigación sobre o rei emérito Juan Carlos I.

BNG, ERC, JxCat, CUP, PNV,Mas País, Compromís e EH Bildu queren que o Congreso investigue a trama vinculada ás "presuntas ilegalidades" cometidas polos membros da Casa Real española con Arabia Saudita.

Segundo un comunicado, as oito formacións políticas que presentan a petición fano debido aos indicios de supostos delitos de Juan Carlos relacionados con "branqueo de capitais, recadación de comisións e fraude fiscal" despois de que se coñecese que a Fiscalía anticorrupción da Corte Suprema investigará ao rei emérito precisamente por mor dunha comisión encargada por Arabia Saudita pola construción do AVE entre Medina e A Meca.

Por outra banda, esta solicitude xurde logo dasdeclaracións da ex amante do rei emérito, a empresaria Corinna zu Sayn-Wittgenstein, onde afirma que tería recibido supostamente presións e incluso ameazas por parte dos servizos secretos españois e da Casa Real,. Ademais de todo isto, Corinna tamén sinala que Felipe VI ten coñecemento desta campaña de acoso, difamación e persecución contra ela e a súa familia.

Comentarios