A plataforma Galiza pola soberanía (GpS) lanza a súa páxina web

Galizapolasoberanía.org nace como punto de encontro, e ferramenta de comunicación e diálogo.

GPS

Galizapolasoberanía.org é a web de Galiza pola Soberanía (GpS), a plataforma do movemento social a prol da consecución dun Estado propio para Galiza. Unha web na que se pode consultar (e asinar) o manifesto fundacional de GpS, así como acceder a novas, iniciativas ou material relacionado coa plataforma e coa soberanía.

GpS pretende promover por vias democráticas, que teñen como eixo basilar o dialogo, o debate, a axitación social e a mobilización-, a tomada de consciencia da maioria do pobo galego no proceso de construción nacional e no camiño de se dotar de un Estado propio. E nese camiño, as ferramentas das redes sociais xogan tamén un papel a ter en conta e desenvolver.

Comentarios