Ruptura democrática e soberanía de Galiza, a debate

Debe ser Galiza un Estado propio? Pode selo a partir do actual marco xurídico-político? Que representaría para o pobo galego conquistar a soberanía? A Faculdade de Políticas da USC acolleu esta cuarta feira un suxestivo debate, organizado polos Comités, sobre o dereito de Galiza a se autodeterminar. Tomaron a palabra BNG, CG, Nós-UP, CxG, Anova e CXXI. Tod@s, agás Anova, defenderon con clareza o principio da auto-organización como básico para calquera proposta soberanista.

CxG, BNG, Nós-UP, Anova, Causa Galiza e Converxencia XXI
photo_camera CxG, BNG, Nós-UP, Anova, Causa Galiza e Converxencia XXI

Sentaron arredor dunha mesma mesa seis organizacións políticas que tiñan por diante o reto de defenderen seus posicionamentos políticos arredor destas cuestións. Bloque Nacionalista Galego, Causa Galiza, Nós-Unidade Popular, Compromiso por Galicia, Anova-Irmandade Nacionalista e Converxencia XXI debullaron ao longo de máis de dúas horas de debate por que a loita a prol da soberanía nacional galega debe situarse na axenda política. Porén, as estratexias e tácticas deixaron en evidencia que no nacionalismo galego non todos son iguais. 

O fracaso da vía autonomista? 

"España é a nosa ruina", sintetizaba na súa primeira intervención o secretario xeral de Primeira Linha e membro da dirección política de Nós-UP, Carlos Morais. O status político de Galiza no seo do Estado español e da andamiaxe xurídico-política que o constitúe centraron inicialmente o debate. A construción dunha Galiza soberana e o proceso a través do cal o pobo galego se dote de instrumentos políticos de seu amosaron os primeiros puntos de desencontro entre as formacións que participaron no debate convocado polos Comités. 

BNG: "En tempos de crise non é certo que a soberanía deba ficar nun segundo plano. É o tempo atinado

Comentarios