Os sindicatos esixen máis recursos para investigar a operación Zeta

O caso de presuntas fraudes en axudas públicas que afecta á contorna de Núñez Feijóo ao PP precisa de máis persoal, solicitude que a Xunta lle negou á Pokémon nun principio pero logo rectificou.

crespo
photo_camera crespo

Despois de que a Xunta cambiase a súa decisión de recortar persoal á xuíz Pilar de Lara para investigar ás diversas causas de presunta corrupción que ten sobre a mesa (Pokémon, financiamento ilegal do PP en Ourense...) son os sindicatos os que denuncian que os xulgados da Coruña non teñen os medios suficientes para enfrontar as “macrocausas penais”. 

Deste xeito, centrais como UGT, CCOO ou CSIF reclaman ao Goberno autonómico que envíe como mínimo un reforzo ao xulgado de Instrución Número 6 da Coruña, “para aturar a caótica situación que supón a tramitación da Zeta para compaxinala co resto de procedementos".

Na Operación Zeta hai polo de agora 30 imputad@s, algúns antigos altos cargos da Xunta. Segundo o presunto cerebro da trama, o empresario Gerardo Crespo, o “conseguidor” de contratos públicos era Pachi Lucas, íntimo amigo do presidente da Xunta, que mesmo teríao avisado da pescuda policial. Crespo era persoa moi achegada ao PP, especialmente ao da Coruña. 

Comentarios