A través das redes sociais tanto Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, como Alberto Garzón, líder de IU, anunciaron na pasada sexta feira que a coligazón coa que as formacións concorrerán ás eleccións do 26 de xuño leva por nome Unidos Podemos.
Ya tenemos nombre: UNIDOS PODEMOS. Un placer compartir proyecto con @Pablo_Iglesias_ Unidas lograremos cambiar el país #Sumamosparaganar
— Alberto Garzón (@agarzon) 13 maio 2016
Ya tenemos nombre: UNIDOS PODEMOS. Un honor hacer este camino contigo @agarzon #Sumamosparaganar
— Pablo Iglesias (@Pablo_Iglesias_) 13 maio 2016
O partido de Pablo Iglesias xa avanzara, a través do seu secretario de Organización, Pablo Echenique, que o nome Podemos formaría parte da denominación da coligazón. Sinalou que isto se debe a que Podemos é “unha marca enormemente recoñecida no noso país. Iso garante que os electores saiban o que están votando (…). Sería pouco entendíbel que non for así”.
Linguaxe sexista
Pola contra, nin a sigla IU nin o nome Izquierda Unida se recollen no nome da coligazón e tan só fai unha chiscadela ao contemplar a palabra “Unidos”. Precisamente, o termo “unidos” provocou reaccións negativas nas redes sociais, ao desbotar a linguaxe inclusiva e decantarse por un uso sexista da linguaxe.
Segundo avanzaron ambas as formacións, as papeletas e o material de campaña da coligazón recollerá os respectivos logos e siglas.