Os días 8 e e 10 de novembro terá lugar a terceira sesión de investidura á que se submete Alberto Núñez Feijóo desde 2005. A aritmética parlamentar é clara. O candidato conservador obterá 41 votos a favor (os do seu partido) e 34 en contra (14 de En marea, 14 do PSdeG e 6 do BNG).
O acto formal de toma de posesión decorrerá o sábado 12 de novembro.