A sesión de control ao Goberno, minuto a minuto

Alberto Núñez Feijóo [M. Montero]
photo_camera Alberto Núñez Feijóo [M. Montero]

10.05: Méndez Romeu (PSOE):

-"Vostede, presidente, nunca deu conta das súas viaxes"

-"53 hoteis están en venda, aluguer ou traspaso" 

-"Por que cando falamos dun sector estratéxico como é o turismo vostedes manteñen unha posición de desconfianza co sector?"

10-07: Núñez Feijóo: 

-"Quero dicirlle que os sectores estratéxicos da economía galega forman parte da axenda do goberno en todas as súas viaxes"

-"O secretario xeral de Relacións Exteriores comparece de inmediato para dar conta da viaxe". 

-"O turismo incrementouse um 4,9 % en Galiza e un 1% en España. No turismo internacional crecimos un 11%". 

-"Por primeira vez na historia do camiño, este cuatrimestre o número de peregrinos estranxeiros supera o de nacionais" 

-"Do que se trata é de que os alemáns veñan. Non de que vaiamos nós". 

10.11: Méndez Romeu. 

-"Na área industrial perdéronse 1 de cada 4 empregos. Vai vostede a Hamburgo, a falar cos socialdemócratas porque aquí non é quen de facer ningunha proposta". 

-"Que fai vostede cos portos exteriores galegos?" 

-"Queren privatizar AENA. Os aeroportos están en declive desde que vostedes gobernan. Concorda coa ministra de Fomento en privatizar os aeroportos galegos? Cando medra a rendibilidade no turismo, baixa en Galiza". 

-"Dos 3 millóns que dedica a Turismo dous foron para exposicións da Cidade da Cultura. O sector turístico está queixándose de marxinación. Propóñennos como alternativa a tradución ao galego dun documento relixioso para incentivar o turismo. Non teñen ningunha proposta solvente para o Turismo galego?".

10.14: Núñez Feijóo: 

-"Gustaríame falar con socialdemócratas en España pero de momento non os hai". 

-"Sorprendeunos que vostedes gastaran tres millóns de alugueiro na sede do Cervantes en Tokio". 

-"Supoño que o verei hoxe na posta de largo dun banco en Galiza. Lamento que os socialdemócratas intentasen que non tiveramos ningún banco en Galiza". 

10.18: Francisco Jorquera (BNG): 

-"Eu preséntome contra a crise", dixo cando foi proclamado candidato. Pasaron cinco anos desde que accedeu á presidencia da Xunta e que fixo? Máis de 1000 nenos teñen dificultades para comer unha vez ao día. Os peceptores da RISGA e de axudas de emerxencia aumentaron un 45%. Galiza vive nunha situación de emerxencia e o Tribunal de Contas di que Galiza é a que menos inviste en emerxencia, e é a terceira comunidade con menos investimento en política sanitaria. Con vostede aumentaron as diferenzas sociais. Somos a terceira comunidade con salarios máis baixos. Case 300.000 galegos e galegas no desemprego. Galiza é a comunidade onde existe máis insatisfacción coa situación do traballo, da vivenda...". 

10:21: Núñez Feijóo: 

-"O BNG preséntase contra a alguén. Nós presentámonos contra a crise económica que herdamos". 

-"Vencimos a recesión. Xa non hai recesión na economía galega". 

-"No último ano do bipartito destruíronse 52.000 empregos. Ano e medio despois de presentarnos ás eleccións hai 21.000 parados menos". 

-"Non saímos da crise pero a sociedade galega foi capaz de manterse en mellores situacións que a media das comunidades autónomas e vostede debía celebralo". 

-"Cando me fala do Risga, as políticas sociais van destinadas a quen menos teñen e fumos quen de pagalo. Seguimos por debaixo no nivel de pobreza en máis de tres puntos". 

-"Somos a segunda comunidade autónoma con máis servizos de dependencia. Creamos máis prazas de centros de día e residencias da terceira idade que na bonanza do bipartito". 

10.25: Francisco Jorquera (BNG): 

-"Segue substituíndo a realidade pola propaganda". 

-"O INE di que a causa principal da situación son as súas políticas. Vostede vende como un éxito que Nova Galicia Banco pase a mans de Banesto. O que fixo foi situar a sede en Panamá, un paraíso fiscal. As súas políticas están levando á ruina social e económica e tamén á política". 

-"Vostede non ten proxecto de país, non defende o autogoberno. Actúa como lacaio do goberno central e mamporreiro das demandas nacionais. Galiza está quedando no vagón de cola, perder o último tren, porque vostede é a ruína deste país".

10.28: Núñez Feijóo. 

-"Hai que ver o que fai o BNG ante a falta de goberno nos concellos de Lugo e Ourense, impedir que goberne a lista máis votada". 

-"Gústelle ou non, hoxe hai 21.400 parados menos que hai un ano, e menos parados dos que había no ano 12. Menos agora que cando empezou a segunda lexislatura. Sobre o tema do PIB, eu collo os cinco anos completos e somos a terceira comunidade autónoma onde menos baixou o PIB. Os datos é que en convexencia en renta, durante os cinco anos de crise, Galiza subiu de 88,4 a 92,6". 

10:32: Iolanda Díaz (AGE)

-"A nosa comunidade autónoma hoxe non é solvente, segundo o reflicten os datos do Banco de España. Os datos de débeda son tremendos no noso país. Temos un record histórico, supera os 10.000 millóns de euros de débeda. A débeda pública galega crece a un ritmo superior que a estatal. Por que o Banco de España sinala que tan só nun mes se incrementou en 25.000 millóns? Débeda que non sabemos onde vai dirixida porque non vai para garantir as prestacións de dependentes. Somos a terceira comunidade no ranking de privatizacións sanitarias. Supón o 20% do noso orzamentos. Cando chegou tiña un 3% e hoxe é o 20%. Por que o señor Montoro está dicíndonos que está saíndonos moi cara a soberbia do PP de Galicia de non querer entrar no Fondo de Liquidez Autonómica?"

10.36: Núñez Feijóo: 

-"Comparto a preocupación pola débeda pública. Somos a segunda en que menos se incrementou a débeda entre o 2009 e o 2013. Colocamos toda a débeda pública en 15 días porque temos a maior ratio de solvencia xunto con outras dúas comunidades de España". 

-"Somos despois de Madrid a segunda con menor incremento da débeda de España. 65 puntos menos que Andalucía e 50 menos que a media de España. Baixamos un 46% a débeda das empresas públicas galegas". 

-"Anticipo que a finais deste ano a débeda pública será inferior a este primeiro cuatrimestre". 

10:40: Iolanda Díaz (AGE). 

-"Xa que lle fai oposición ao goberno andaluz, Andalucía sitúase no 18,5 e o Banco de España desmente o señor Feijóo. Se a débeda pública vai para abrir comedores no verán, para crear emprego.. vai contar co noso apoio. Queremos que nos explique o informe do Tribunal de Contas que acaba de dicir que ten modificacións de crédito mil millonarias sen explicar a súa orixe. Acábanos de dicir que ocultan débeda". 

10.43: Núñez Feijóo. 

-"Galiza é solvente e coloca a súa débeda pública, 500 millóns de euros en 15 minutos. É por iso que se incrementa a débeda nos primeiros meses porque estamos pagando aos proveedores. Galiza paga as súas facturas". 

-"Como se sente orgullosa de Andalucía, debía sentirse orgullosa do que fan aquí. Cal é o seu modelo? que aumente ou diminúa a débeda pública?"

-"Non acudimos aos mecanismos de rescate porque a sociedade galega e a administración pública galega é solvente". 

-"Non vamos acudir aos mecanismos de rescate". 

-"Andalucía non é unha administración solvente". 

-"Sabe a que dedicamos a débeda pública? A facer hospitais, centros de saúde, facer colexios... a manter os servizos públicos esenciais. Os galegos saben ben en que gastamos o seu diñeiro". 

10.47: DECLARACIÓN INSTITUCIONAL: INCORPORACIÓN A PIONEIROS E APOIO AO DOMINIO .GAL. 

Grande logro do dominio .gal. Grande paso para a comunidade que identifica a nosa lingua e a nosa cultura en internet. Ferramenta chave para potenciar o uso do galego en internet, dotar a nosa cultura dunha ferramenta. Chamamento a institucións e persoas para que se involucren. O Parlamento declara a súa vontade de facer parte do programa de pioneiros. 

Comentarios