O #SermosDebate mostra as alternativas de Nós, En Marea e PSdeG

As candidatas Carme Adán (Nós Candidatura Galega), Yolanda Díaz (En Marea) e Pilar Cancela (PSdeG) debateron na Nave de Vidán, nun confronto dialéctico marcado pola ausencia de Ciudadanos e PP. Por problemas técnicos, o acto non puido ser retransmitido ao vivo, mais esta tarde ofereceremos uns vídeos editados cos mellores momentos do debate.

#sermosDebate

As candidatas Carme Adán (Nós Candidatura Galega), Yolanda Díaz (En Marea) e Pilar Cancela (PSdeG) debateron na nave de Vidán desde as 12 horas. Por problemas técnicos, o acto non puido ser retransmitido ao vivo, mais esta tarde ofereceremos uns vídeos editados cos mellores momentos do debate.

Adán, Díaz e Cancela mostraron as súas alternativas en relación a catro bloques temáticos: economía e traballo, política internacional, dereitos sociais e liberdades públicas e Galiza ante o debate territorial.

As candidaturas do Partido Popular e Ciudadanos estaban convidadas ao debate, pero declinaron participar del no último momento. 

Nota: esta noticia foi actualizada ás 14.43 horas.

Comentarios