"Será a militancia a que decida como concorrer ás europeas"

CxG aínda non decidiu con quen irá ás eleccións do vindeiro mes de maio, se ben afirma teren explorado diversas vías. A respeito da política galega lamenta "a imaxe" que se está a dar do Parlamento após o conflito xurdido tras a marcha de Calviño a Dinamarca. "As relacións entre Anova e Esquerda Unida", di, "coido que pasan por un momento delicado". 

basc
photo_camera basc

O líder de Compromiso por Galicia recoñece que a súa formación aínda non decidiu con quen concorrerá ás eleccións ao Parlamento europeo. Após explorar diversas vías, asegura, "mais sen negociar con ninguén", será a súa militancia a través dunha convención a que determine "os criterios programáticos e a "política de alianzas". 

O secretario xeral de CxG critica que as demais forzas políticas nacionalistas "non fixeran un movemento" por se aproximaren á proposta lanzada pola organización galeguista en relación cunha "candidatura de país" ás europeas. Mais declina posicionarse en relación ás dúas grandes candidaturas que se están a artellar. Bascuas non aclara se optarán finalmente polo bloque soberanista en que se integrará o BNG nen se participará da 'fronte ampla non excluínte' deseñada por Izquierda Unida e Anova. 

Podes ler a entrevista completa no número 74 de Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques do país e na nosa loxa. 

Comentarios